Translate

jueves, 15 de junio de 2017

7 DE SEPTEMBRO DE 1914

Son Albert Schnitxler, teño 25 anos, fun reclutado polo exército alemán e non sei canto tempo levo nesta trincheira. Ainda non sei si vou sobrevivir ou morrerei no seguinte ataque, o plan que foi levado a cabo polo meu exército non saíu como o goberno alemán esperaba, pero se sobrevivín a iso aínda teño esperanzas de sair vivo desta guerra.

miércoles, 14 de junio de 2017

10 DE NOVEMBRO DE 1914

Esperamos o seguinte ataque aínda que non sabemos con precisión cando sucederá. Intento aproveitar ao máximo os meus días, así que gustaríame contar, por si algún día alguén o atopa, por qué fracasou e como se levou a cabo o plan Schlieffen. Consistía en sobrepasar rápidamente as tropas francesas polo norte atravesando Bélxica e Luxemburgo, xa que pensabamos que Rusia ía tardar máis tempo en mobilizarse pero non sucedeu así e Rusia mobilizouse antes de tempo provocando unha batalla no río Marne, que foi o desencadeante da guerra de trincheiras.

martes, 13 de junio de 2017

24 DE DECEMBRO DE 1914

Estabamos na metade da guerra, na Fronte Occidental, na metade do campo de batalla e comezou o Nadal. Nos e os ingleses decidimos parar a guerra para disfrutalo, e nestas horas non escoitei ningún disparo. Tamén foron recuperados os meus compañeiros perxudicados na guerra, cantamos panxoliñas entre as trincheiras, compartimos e fixemos uns agasallos, whisky, cigarrillos, etc. Tamén pudimos enterrar aos nosos homes mortos no ataque con ceremonias e ofrecéndonos mutuo respeto entre os dous bandos. Estas poucas horas pasáronseme moi apresuradas, pero xa era hora de retomar a guerra, seguir pasando fame e seguir perdendo cada vez moitos máis soldaos.


lunes, 12 de junio de 2017

18 DE FEBREIRO DE 1915

A introdución de gases na guerra faina todavía máis dura xa que despois de que os franceses comezasen a utilizalos, os demáis países tamén o fixeron, incluídos nos.

O noso exército comezou a distribuir métodos para descargar cloro gaseoso contra as trincheira inimigas pero logo os franceses comezaron a utilizar fosxeno que é máis mortífero que o cloro.


13 DE MAIO DE 1915

Foi unha noite tranquila, sen bombardeos e sen ningún tipo de ataque. Estas noites axudannos moito para repoñer suministros e curar aos soldados feridos. Pero penso que non pasará moito tempo de aquí a que ocorra outro ataque. Tras empezar na terceira liña xa estou na segunda e as condicións son cada vez peores, teño que pasar máis noites en vela axudando á primeira liña e cada vez teño máis posibilidades de acabar morto.


domingo, 11 de junio de 2017

26 DE DECEMBRO DE 1916

Fai unha semana que rematou a guerra en Verdún, Francia. Non sei con exactitude cantos compañeiros morreron ao longo desta dura batalla xa que mentres combatíamos sorprendeunos un ataque por parte do exército francés e alemán. A súa intención era distraernos do noso principal obxectivo pero isto produciu a batalla na que máis mortos e feridos vin, preto do río Somme. Foi coma unha tumba de barro do exército en campaña. O noso plan principal era causar o maior número de baixas posibles ao exército francés para así poder derrotalo. Pero a pesar de que tiñamos moitas posibilidades de gañar debido ao lugar extratéxico que elixeramos onde as comunicacións ferroviarias na retagarda eran restrinxidas, o noso plan fracasou.

sábado, 10 de junio de 2017

9 DE XANEIRO DE 1917

Onte pasáronme a primeira liña. Se xa pensaba que a segunda liña era moi dura e agotadora a primeira é un verdadeiro inferno. Agora doume de conta de polo que tiveron que pasar os meus compañeiros. As condicións de vida non teñen nada que ver coas da terceira liña, que é onde estaba ao comezo da guerra. Na terceira liña tiñamos tempo para asearnos e para contactar coas nosas familias, agora non teño tempo nin para durmir xa que sufrimos un risco de ataque constante. Non sei se prefiro morrer ou intentar rematar a guerra con vida.